Carro da compra

Valeiro

Total: 0,00 €

Metodos de pago

10.0

10,00 €
2006, Berro Guetto Música

Un Berrogüetto consolidado cumpre dez anos reinventándose constantemente. Un traballo optimista que aborda os problemas do mundo para calquera oído.

                        

"Berrogüetto é o nome da subversión en contra do acomodaticio e do rutineiro. É a procura dun alén no decorrer das horas de traballo honesto e sincero, na beleza agochada no trasluz da constancia. Berrogüetto é o nome da minuciosidade puntillística, do fino encaixe de harmonía e tempo, da áxil melodía que non se contenta coa súa galanura e alza os ollos para enxergar horizontes máis azuis e     máis amplos. Hai agora dez anos que estes artistas viñeron a convulsionar o mundo folk cun discurso diferente e engaiolante." Rodrigo Romaní.

10.0 é o cuarto disco de Berrogüetto, enteiramente autoeditado e só coas colaboracións íntimas de Kin García  e Silvia Pintos. O traballo reflecte a evolución persoal da banda como factoría de ideas e a propia duns músicos que sempre rexeitaron producir por producir. Berrogüetto celebraba o seu décimo aniversario presentando ao público a súa intimidade sen demasiadas palabras arredor da música.

Un traballo optimista que aborda os problemas do mundo para calquera oído. É o traballo máis acústico da banda, con viaxes evocadores como "Cracovia" ou "Brest" e apostas influenciadas pola música contemporánea, dende o jazz ao pop.

Esteticamente a banda segue transcendendo da música e apoiándose en case todas as disciplinas converxentes. O deseñador galego Fernando Lema é autor da imaxe do disco e as fotografías son de Karlos Abal.

A xira do espectáculo 10.0 foi un rotundo éxito, levando o "son Berrogüetto" por todo o mundo. O grupo reafirmaba o seu directo coma unha baza de tan impoñente calidade coma o seu traballo de estudio, que xa fora honrado con numerosos galardóns.

Temas
  • Xente [4:07]
  • Cracovia [4:22]
  • Brest [4:16]
  • Unha volta e un poema [3:30]
  • Permafrost [4:35]
  • Lévame de aquí [3:30]
  • Vamosindo [4:43]
  • Sálgame [4:22]
  • Deneb [4:36]
  • Nosocomial [3:27]
  • Entropialxia [4:33