Carro da compra

Valeiro

Total: 0,00 €

Metodos de pago

Hepta

10,00 €
2001, BOA Music

Berrogüetto coida con esmero o seu discurso tanto musical como narrativo e estético. Hepta é unha intervención de artistas de diferentes disciplinas, unha combinación de distintas artes.                   

Hepta, como é habitual en Berrogüetto, nace dunha premisa ideográfica e conceptual. O seu punto de partida é a reflexión e o xogo arredor do número máxico hepta,
número sete en grego... sete notas musicais, sete cores do arco iris,
sete belas artes, sete músicos de Berrogüetto, sete amigos...

O terceiro disco de Berrogüetto, Hepta é o máis coral
dos seus traballos. Bríndannos trece temas, entre os que hai
composicións de todos os seus membros. Hepta é unha mostra da
consolidación do estilo desta banda pioneira e da súa madurez como
equipo de traballo. Unha vez máis Berrogüetto recibiu o aplauso e
recoñecemento da crítica pola súa calidade.

Conceptualmente Hepta é unha intervención de artistas de diferentes disciplinas, unha combinación de distintas artes. É obrigado destacar o apartado gráfico do disco, para o que contaron coa colaboración de Georges Rousse,
coñecido artista contemporáneo francés cuxas obras unen fotografía,
arquitectura e pintura. Para o encargo de Berrogüetto, Rousse interveu
durante unha semana un edificio histórico da antiga fábrica de
Sargadelos en Cervo, Lugo. O artista modificou o espazo pintando figuras
xeométricas das sete cores, creando un xogo óptico que logo sería
captado co obxetivo da cámara. Os compoñentes de Berrogüetto foron parte
activa na creación da peza, puxéronse a súa disposición como artesáns,
obreiros e actores. Foron á vez obxecto e suxeito da composición. Esta
obra foi posible grazas á especial colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e de Sargadelos.

Temas
  • Nanatsu [4:07]
  • Vinte Anos [4:21]
  • Heptacordo [4:02]
  • Baixando de ti [4:10]
  • Armenia [3:10]
  • Samesugas [3:57]
  • Setestrelo [3:44]
  • Hebdomadaria [4:43]
  • Albores [2:53]
  • Cantos de Monzo [2:51]
  • [email protected]ías.tacom [3:39]
  • Alquimista de soños [4:06]
  • Azul Graso [3:35]