Carro da compra

Valeiro

Total: 0,00 €

Metodos de pago

Navicularia

10,00 €
1996, BOA Music

Berrogüetto estréase cun disco sorprendente que rompe o encallamento da música folk.                       

Nun manuscrito titulado "De Navicularia", escrito en galego-portugués e firmado por Vigairo Lemos, relátase a historia e vivencias da tripulación dunha nave galega que quedou en corentena a altura da Illa de San Simón. Ao mesmo tempo, outras tres naves de distintas procedencias viviron a mesma situación. Durante esa tesitura as tripulacións dos catro barcos conviviron e a Illa de San Simón converteuse nun crisol de culturas.

Navicularia, o primeiro álbum de Berrogüetto, foi un éxito entre a crítica e o público, recibindo importantes recoñecementos. Con coidado e sensibilidade, de xeito discreto, o seu discurso sorprendía a todos. Este disco é considerado imprescindíbel pola súa combinación de tradición e modernidade.

Once temas nos que os membros de Berrogüetto tocan máis de cincuenta instrumentos e xuntan cancións tradicionais como "Anubía" ou "Vilalbalcán" con temas de composición propia como "Valseiro" ou "Navicularia"

Para este disco Berrogüetto contou coa colaboración das pandereiteiras de Cantigas e Agarimos que poñen a voz a catro temas.

Tras esta espectacular saída ao mercado comezaron as actuacións por festivais e as xiras internacionais por Galicia, España, Portugal, Alemaña, Francia e Reino Unido, confirmando a vitalidade e o prestixio dunha banda galega que se convertía en moi curto tempo nun dos grupos de world music máis importantes do mundo.

Temas       
  1. Navicularia [6:02]
  2. Valseiro [3:31]
  3. Rosendo en Sabaxáns [3:58]
  4. Vilalbalcán I [3:28]
  5. Vilalbalcán II [4:40]
  6. Anubía [3:08]
  7. Cancro crú [4:44]
  8. Jota de Mórdomo / Danza de Gargamala [2:24 / 1:16]
  9. Mornoambarina [5:38]
  10. Jota de gheada [3:30]
  11. O Mandil [7:20].