Carro da compra

Valeiro

Total: 0,00 €

Metodos de pago

Viaxe por urticaria

10,00 €
1996, BOA Music

Berrogüetto reivindica a súa propia Icaria, un lugar propio para a súa música. Unha viaxe utópica que algún día poderá ser realidade.

En Viaxe por Icaria (1840) Etienne Cabet amosábanos un mundo utópico para aquela época: baños en cada vivenda, xubilación aos sesenta e cinco anos e oito horas de xornada laboral... Pero se ben o desenvolvemento da civilización sobrepasou o ideais daquela cidade Icaria, hoxe, aquí en Urticaria, seguimos carecendo da resolución dos ideais espirituais... A súa "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" están tan pre-au-sen-tes agora como entón... Urti icaria.

Viaxe por Urticaria, musicalmente falando, é tamén unha viaxe utópica que algún día poderá ser realidade.

Viaxe por Urticaria, o segundo traballo discográfico de Berroguetto corrobora o éxito do primeiro. Esperado polo público e a crítica especializada, alonga a enerxía creativa da música do grupo. Este álbum, publicado en diversas edicións internacionais, sorprende pola conxunción de música e imaxe gráfica da portada: unhas fotografías, obra de Xoán Piñón, onde os músicos impregnados de terra realizan unha metáfora da alternancia entre tradición e contemporaneidade, un dos seus propósitos musicais esenciais.  

Viaxe por Urticaria presenta varias novidades. Hai variacións na formación. Paco Juncal abandona o grupo e incorpóranse Quim Farinha (violín) e Guadi Galego (voz, gaita e percusión). No plano musical a incorporación de Guadi Galego supón a integración por primeira vez dunha voz solista.

Neste disco case todos os membros do grupo compoñen algún dos temas, o que abre o abano das aportacións e tamén das percepcións. É por isto que Viaxe a Urticaria nos ofrece un catálogo de cancións que evocan emocións moi diferentes.

 Temas
  • Aquí canto [5:06]
  • Tránsito [5:15
  • Indosesta [6:08
  • "K" [3:41]
  • Lusco [1:55]
  • Fusco [3:38]
  • Alalá das Humidades [5:59]
  • Neocórtex [4:37]
  • Bailador [3:27]
  • A Forza das Mareas [4:37]
  • Ausencia [2:26